EL PROFESOR DE VIOLÍN

90 MIN
Sérgio Machado, Brasil, estreada en España en 2016

Laertes, un violinista de gran talento, dá clases de música a adolescentes dunha escola pública en Heliópolis, un barrio dunha zona deprimida de São Paulo, tras ser rexeitado na prestixiosa Orquestra Sinfónica do Estado. Inspirada na verdadeira historia da orquestra creada polo mestre brasileiro Silvio Bacarelli nos anos 90, que conseguiu estimular a inclusión social e cultural dos mozos na favela máis grande de São Paulo, máis coñecida como Heliópolis.