Destinatarios

O programa de Educación en Valores “CINENSINO” englóbase dentro do tipo de prevención denominada universal e vai dirixido a poboación escolarizada dos 2º e 3º ciclos da EP e 1º ciclo da ESO con idades comprendidas entre os 8 e 14 anos.
Orienta-lo noso programa cara a este grupo de idade débese a que somos conscientes de que a nosa estratexia de prevención, partindo dos modelos teóricos que a sustentan, se amosará máis efectiva se incidimos no problema antes de que se produza, axudando aos destinatarios a consolidar actitudes e formar constructos como estratexias incompatibles coas condutas adictivas.
O programa vai dirixido ao alumnado como actor e receptor propostas preventivas debido a:

  • Nestas idades son máis receptivos as actuacións preventivas
  • Comeza un maior contacto coas novas tecnoloxías
  • Aumenta  a influenza do grupo de iguais
  • É o período crítico na formación de crenzas e actitudes.
  • Nesta etapa aumenta a curiosidade e a autoexperimentación.
  • Este intervalo da poboación escolar representa a idade de maior risco para inicio de condutas esporádicas de abuso que poden establecer pautas de comportamento que xeneren trastornos adictivos.

As características dos destinatarios do programa determinan, á súa vez, as principais condutas adictivas a previr no seu ámbito.
Ningún programa de prevención dirixido ó eido escolar, por ben deseñado que estea tanto a nivel teórico coma práctico, será efectivo sen a participación activa do profesor, auténtico executor e catalizador do programa. A análise minuciosa doutro tipo de programas aplicados con anterioridade demóstranos que o nivel de implicación do profesorado é determinante na eficacia do programa. Isto é debido a varias razóns, a saber:

  • O seu coñecemento de primeira man do alumno e do seu nivel de desenvolvemento.
  • A súa maior dispoñibilidade e facilidade de acceso ao alumnado.
  • O feito de ser experto en tecnoloxía educativa e provedor de ferramentas pedagóxicas ao alumnado.
  • A súa capacidade de ser promotor de valores.

Desde “Cinensino” poñemos a disposición do profesorado unha serie de recursos que entendemos facilitan ó profesor o seu labor:

– Un curso de formación do profesorado online. Este curso pretende ofrecer aos profesores que imparten o programa unha serie de coñecementos básicos sobre adiccións e drogodependencias, de maneira que poidan desenvolverse con soltura no tratamento desta problemática e servir como punto de referencia, sólido e fiable, ante as expectativas que poidan xurdir desde o alumnado. Os contidos do curso son seleccionados e desenvolvidos desde a perspectiva do alumnado de maneira que poidan responder ás súas necesidades e inquedanzas, tanto formativas como informativas.

– A selección dos obxectivos xerais, específicos e módulos a tratar para cada unha das unidades didácticas. Dita selección ten en conta as características dos escolares intentando axustarse na medida do posible ás causas desencadeantes do inicio das condutas adictivas. Desta forma inténtase facilita-lo labor do profesorado proporcionándolle un guión do que vai se-la súa actividade ó longo do programa.

– Un manual do profesorado debidamente estruturado para cada unidade didáctica. Dito manual se lle entrega ao profesor ó remata- la proxección de cada unha das tres películas de que consta o programa e ven estruturado en diferentes bloques de actividades. Cada un destes bloques contén a explicación da actividade a desenvolver, os obxectivos a conseguir e as orientacións de aplicación de maneira que facilite o labor do profesor no asesoramento e seguimento dos contidos do caderno do alumnado.

– Un medio de comunicación como é o audiovisual. O feito de utiliza- lo cinema como ferramenta pedagóxica débese, por un lado, á necesidade de xera-la participación do alumnado proporcionándolle un punto de partida que lle resulte atractivo e familiar, e por outro, a consideración do cinema como un medio privilexiado para lexitimación de comportamentos.

1
1

EL CORO

2

HERMANOS DEL VIENTO

3

WONDER

 


1
3

MUSTANG

 

3

EL PROFESOR DE VIOLÍN

3

GOODBYE BERLÍN