Obxectivos

Aínda que o fin último que pretende todo programa é o de previr a aparición de problemas relacionados coas condutas de abuso e os trastornos adictivos entre os destinatarios do mesmo, isto perséguese mediante a secuenciación doutros obxectivos que se estenden dende un ámbito máis xeral a outro máis concreto.

Obxectivos xerais

  • Retrasar ou impedir o inicio de condutas adictivas no eido escolar.
  • Racionalizar o uso das TIC previndo as adiccións sociais e condutas relacionadas.
  • Reducir a prevalencia e intensidade no consumo de alcohol en menores e adolescentes
  • Contrarrestar a influencia dalgúns factores que poden favorecer a aparición de problemas de abuso e adicción, tales como a falta de información, subxectividade da mesma, crenzas de autoprotección e resistencia ao dano, baixa percepción do risco, etc.
  • Fortalecer nos alumnos/as algúns recursos persoais, familiares e sociais que lles permitan manexarse adecuadamente en situacións de grupo relacionadas coas condutas adictivas.
  • Promover o desenvolvemento de actitudes e valores favorecedores da saúde e a ocupación enriquecedora do tempo mediante ocio e deportes.

En definitiva, atrasar ou impedir o inicio de trastornos adictivos na poboación destinataria do programa.

Obxectivos específicos

Minimizar a influencia dos factores de risco e potenciar aqueloutros facilitadores dunha maior protección, tales como:

  • Desenvolver entre os alumnos habilidades persoais e sociais e promover hábitos saudables que contribúan a evitar os trastornos adictivos.
  • Retrasar a idade de inicio no consumo das distintas drogas por parte dos menores e adolescentes.
  • Incrementar a percepción do risco asociado ao consumo de alcohol entre os xoves e adolescentes.
  • Reducir a aceptación social do alcohol, tabaco, cannabis e as drogas psicoestimulantes e aumentar a conciencia social sobre a importancia dos problemas e danos provocados polo consumo de drogas.
  • Reducir a prevalencia de bebedores de risco entre os adolescentes.
  • Reducir a prevalencia de fumadores diarios entre os adolescentes e xoves.
  • Reducir a prevalencia do uso inadecuado das novas tecnoloxías da información e as comunicacións, propiciando un uso controlado das mesmas.
  • Reducir a prevalencia das adiccións sociais e condutas relacionadas.
  • Potenciar o papel do profesorado na detección precoz dos consumos de drogas, abuso das TIC e outros comportamentos adictivos realizados polos alumnos
Fomentar entre os xoves o desenvolvemento de actividades de ocio saudables alternativas ao consumo de drogas.

 

1
1

EL CORO

2

HERMANOS DEL VIENTO

3

WONDER

 


1
3

MUSTANG

 

3

EL PROFESOR DE VIOLÍN

3

GOODBYE BERLÍN