MUSTANG

88 MIN
Deniz Gamze Ergüven, Francia-Turquía, estreada en España en 2015

Tras un inocente xogo na praia xunto aos seus compañeiros de clase ao comezo do verán, a vida de cinco xoves irmás orfas dun pequeno pobo turco cambia radicalmente. Desgustados pola suposta inmoralidade no comportamento das mozas, a súa avoa e o seu tío deciden tomar medidas que garantan a virxindade e pureza das cinco irmás, así como precipitalas cara ao seu destino de futuras